!-- HTML Codes by allblogtools.com -->

31.5.13

Troiteiros por un día :)

  Boas tardes nenos/as e familias!

   Hoxe queremos compartir unha experiencia moi bonita

   Onte o pai de Selma visitou a nosa escola para falarnos sobre as troitas: como nacen, como se alimentan e reproducen...



e tróuxonos agasallos para todos


e por se todo esto fose pouco, hoxe tróuxonos no seu camión aproximadamente 200 alevíns (troitas aínda pequeniñas) que liberamos no río da Maquía de Loureda 

 


Mirade que ben o fixemos,ata se atreveron os irmanciños/as pequenos/as, a outros dábanos un pouquiño de medo pero mirámolas atentos/as desde arriba...



Ahora xa nadan libres pola auga deste río tan bonito de Visantoña
 
Moitíííísimas grazas por todo Suso, encantounos todo. 

Unha preciosa maneira de realizar unha actividade relacionada coa auga, xa que o ano 2013 é o Ano internacional da auga: 

"A AUGA, FONTE DE VIDA"

Pincha AQUI para poder ler información relacionada



Moitas grazas tamén a todas as familias polo desplazamento e axuda.

* Botamos moitísimo de menos a nosa compi Lucía, que non puido acompañarnos 

MOITOS BICOS

2 comentarios:

PILI PEDREIRA E IRIA dijo...

UNHA NOVA EXPERIENCIA PARA OS NOSOS NENOS. Penso q este curso non puido ser mais enriquecedor, aparte de todo o q aprenden nos libros viviron unha chea de fermosas aventuras e a de hoxe foi moi fermosa: contribuir a repoboación dun dos nosos rios e disfrutalo tanto é algo q merece recoñecemento.GRAZAS a SUSO e a CANDELA por darlles esta oportunidade. MOITOS BICOS. Este curso non debería rematar!!!!!

Monika Manteiga dijo...

Foi unha experiencia xenial, os nenos pasárono pipa e as familias tamen. Que pena que se estea rematando xa este curso...Grazas a Suso por involucrarse tanto nesta experiencia cos nenos. Un saudiño.