!-- HTML Codes by allblogtools.com -->

31.5.13

Troiteiros por un día :)

  Boas tardes nenos/as e familias!

   Hoxe queremos compartir unha experiencia moi bonita

   Onte o pai de Selma visitou a nosa escola para falarnos sobre as troitas: como nacen, como se alimentan e reproducen...



e tróuxonos agasallos para todos


e por se todo esto fose pouco, hoxe tróuxonos no seu camión aproximadamente 200 alevíns (troitas aínda pequeniñas) que liberamos no río da Maquía de Loureda 

 


Mirade que ben o fixemos,ata se atreveron os irmanciños/as pequenos/as, a outros dábanos un pouquiño de medo pero mirámolas atentos/as desde arriba...



Ahora xa nadan libres pola auga deste río tan bonito de Visantoña
 
Moitíííísimas grazas por todo Suso, encantounos todo. 

Unha preciosa maneira de realizar unha actividade relacionada coa auga, xa que o ano 2013 é o Ano internacional da auga: 

"A AUGA, FONTE DE VIDA"

Pincha AQUI para poder ler información relacionada



Moitas grazas tamén a todas as familias polo desplazamento e axuda.

* Botamos moitísimo de menos a nosa compi Lucía, que non puido acompañarnos 

MOITOS BICOS

29.5.13

PRÓXIMA SAÍDA: GRANXA ESCOLA DE BERGANDO

Ola familias!

  Déixovos aqui o enlace á páxina da Granxa Escola de Bergando, onde iremos de visita. 

Asi poderedes ver todo o que imos facer, como son as instalacións....

 PARA VER A PÁXINA DA GRANXA ESCOLA DE BERGANDO PINCHA AQUI

27.5.13

27 de mayo - Día de la enfermedad celíaca

   "...La enfermedad celíaca (EC) es un intolerancia permanente al gluten del trigo, cebada, centeno y probablemente avena que se presenta en individuos genéticamente predispuestos, caracterizada por una reacción inflamatoria, de base inmune, en la mucosa del intestino delgado que dificulta la absorción de macro y micronutrientes..." 
 
  Na nosa clase temos a nosa compi Iria, que é celíaca.
 
E hoxe, con motivo da celebración do día da enfermidade celíaca, a súa familia tróuxonos dous doces e zume sen glute para todos que estaban riquíííííísimos
 
Que sorte tes Iria, de poder comer cousas tan deliciosas.
 
 
MOITÍÍÍÍÍÍSIMAS GRAZASSSS POR ESTE MANXAR TAN RICO
 
E MOITO ÁNIMO A TODAS AS PERSOAS CELÍACAS. CADA VEZ SAEN AO MERCADO MÁIS PRODUCTOS SEN GLUTE, RESTAURANTES QUE OFERTAN ESTE TIPO DE MENÚS...
 
PARA PODER ACCEDER Á PÁXINA DA ASOCIACIÓN GALEGA DE CELÍACOS  E CONSULTAR TODO TIPO DE INFORMACIÓN PINCHA AQUI
 
logoceliacos27mayo
 
 

18.5.13

LOMCE

  Ola a todos/as!

  Aínda que imaxino que xa estaredes ao día con respeto á nova normativa no eido da educación, deixo no apartado de "ENLACES CON INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS" un resumo da LOMCE. 


en verdade unha lei para a mellora da calidade educativa?  

como sempre, queda aberto o debate.

17.5.13

LETRAS GALEGAS

  Hoxe, día 17 de maio, celebramos o día da nosa terra, das nosas letras

O homenaxeado deste ano 2013, é:

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Para coñecer a súa biografía pulsa AQUI

Para conmemorar este día na escola, fixemos entre todos unha réplica do seu retrato con plastilina, quedounos chulííííísima

Por un día, quixemos parecernos un chisquiño a el, e asi de guapos/as posamos xunto a súa foto
Que ben o pasamos, que gracia nos fixo...


 
* Falta algún nenos/a que non puido vir este día. Faremos as fotos para el/ela noutro momento,para que a poida levar tamén de recordo
  
FELIZ DÍA A TODOS/AS OS GALEGOS/AS

* Infórmovos de que no aoartado de "xogos TIC" colguei actividades sobre Roberto Vidal Bolaño tanto para Infantil coma para Primaria para que os nenos poidan xogar; tamén colgarei algún xogo sobre a familia, xa que o día 15 celebramos o seu día. Moi recomendable que xoguen a calquera dos dous.

15.5.13

DÍA DAS FAMILIAS

 Hoxe, día 15 de maio, celebraremos o DÍA DAS FAMILIAS

  No ano 1993 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas decidiu elexir o 15 de maio como o día Internacional das Familias coa fin de fomentar os lazos familiares.

    A familia , sexa do tipo que sexa, é o elemento máis importante da sociedade humana; onde os nenos e nenas medran e son educados, onde deben recibir amor, coidados e protección , ademais dunha formación integral como seres humanos.

   Para conmerar este día tan importante, na nosa escola, levamos a cabo durante a semana pasada a:

"I SEMANA DAS FAMILIAS DA ESCOLA DE VISANTOÑA"  

 Na cal invitamos a vir ao cole a todos aqueles familiares dos nenos/as que quixeran e puideran, a que compartiran algunha experiencia con nós: falarnos da súa profesión, contarnos un conto... 
 
Finalmente, viñeron as mamás de Selma e Iria F.P. 

 mamá de Selma contándonos un poema sobre os paxariños e a liberdade que ela compuxo cando era nena


mamá de Iria F.P. falándonos sobre a enfermidade celíaca

A verdade é que as mamás preparárono xenial, estivemos super atentos/as e fixemos un montón de preguntas...

 MOITÍSIMAS GRAZAS ÁS DÚAS!!

 gustounos tanto tanto que lles demos un enorme abrazo de oso e un diploma cuberto como o que aparece a continuación en agradecemento pola súa colaboración.Encantounos que viñeran.



* Está pendente outra colaboración pero será para a semana,posto que nestas datas non podía, cando se produza colgareivos as fotos.

E como non podía ser menos, para hoxe preparamos uns fermosos e útiles agasallos para as nosas familias:
Baleirabolsillos

cada un elixiu a goma eva que máis lle gustou, recortaron, fixeron buratiños, ataron... e este foi o resultado.
Dentro de cada un, foi esta notiña
  
por último, metémolos dentro deste sobre, que despois pintamos, para que fora unha verdadeira sorpresa

  
Que sorte é ter unha familia que nos queira 

Esperamos que vos gustara a sorpresiña

FELIZ DÍA A TODAS AS FAMILIAS

 

9.5.13

Cumple Noé


Levaba xa moitos días dicindo que ía cumplir 4 anos...e por fin chegou o momento

Trouxo una tarta e uns cupcakes que estaban...deliciosos é pouco dicir, moito comemos. Ademáis tamén trouxo globos para todos/as. Moitísimas grazas a Noé, Eric e á toda a súa familia; pasámolo  bombaaaa

Que cumplas moitos máis, querémoste moitísimo Noé




Ademáis dunha canción para felicitarte polo cumple, póñoche tamén a seguinte que sei que tanto vos gusta a ti e a teu irmán

MOITÍSIMOS BIQUIÑOS


6.5.13

Cumple Yeray

HOXE CELEBRAMOS O CUMPLE DE YERAY
 
Xa ten 7 anos...que maior. A súa familia mandounos moitas cousiñas ricas para comer: unha tarta deliciosa, zumes,patacas fritas, nachos, algunas chuches...a súa avoa veunas traer á escola e ademáis axudounos a repartir todo.

MOITÍSIMAS GRAZAS POR MANDARNOS TANTO, menuda festa.



 Que sexas moi feliz Yeray, querémoste moitoooooo.

Que cumplas moitos máis.


Máis cousiñas para "English Corner"

  Boas tardes a todos/as!

   Infórmovos de que hai novos videos e actividades para facer no apartado de "ENGLISH CORNER"

-Rap: 7 days in a week
-Agenda Web  

A PRACTICAR