!-- HTML Codes by allblogtools.com -->

15.5.13

DÍA DAS FAMILIAS

 Hoxe, día 15 de maio, celebraremos o DÍA DAS FAMILIAS

  No ano 1993 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas decidiu elexir o 15 de maio como o día Internacional das Familias coa fin de fomentar os lazos familiares.

    A familia , sexa do tipo que sexa, é o elemento máis importante da sociedade humana; onde os nenos e nenas medran e son educados, onde deben recibir amor, coidados e protección , ademais dunha formación integral como seres humanos.

   Para conmerar este día tan importante, na nosa escola, levamos a cabo durante a semana pasada a:

"I SEMANA DAS FAMILIAS DA ESCOLA DE VISANTOÑA"  

 Na cal invitamos a vir ao cole a todos aqueles familiares dos nenos/as que quixeran e puideran, a que compartiran algunha experiencia con nós: falarnos da súa profesión, contarnos un conto... 
 
Finalmente, viñeron as mamás de Selma e Iria F.P. 

 mamá de Selma contándonos un poema sobre os paxariños e a liberdade que ela compuxo cando era nena


mamá de Iria F.P. falándonos sobre a enfermidade celíaca

A verdade é que as mamás preparárono xenial, estivemos super atentos/as e fixemos un montón de preguntas...

 MOITÍSIMAS GRAZAS ÁS DÚAS!!

 gustounos tanto tanto que lles demos un enorme abrazo de oso e un diploma cuberto como o que aparece a continuación en agradecemento pola súa colaboración.Encantounos que viñeran.



* Está pendente outra colaboración pero será para a semana,posto que nestas datas non podía, cando se produza colgareivos as fotos.

E como non podía ser menos, para hoxe preparamos uns fermosos e útiles agasallos para as nosas familias:
Baleirabolsillos

cada un elixiu a goma eva que máis lle gustou, recortaron, fixeron buratiños, ataron... e este foi o resultado.
Dentro de cada un, foi esta notiña
  
por último, metémolos dentro deste sobre, que despois pintamos, para que fora unha verdadeira sorpresa

  
Que sorte é ter unha familia que nos queira 

Esperamos que vos gustara a sorpresiña

FELIZ DÍA A TODAS AS FAMILIAS

 

2 comentarios:

Jati dijo...

pero que marabilla ver á miña tía Pili e Carmen nas fotos, todas unhas profesionais.. asi dá gusto con tanta colaboracion e ganas. Un besazo moi grande:-)

Candela-María dijo...

Un bico grande tamén para ti Jati. Grazas por comentarnos! alegrámonos moito de que nos sigas!