!-- HTML Codes by allblogtools.com -->

9.7.13

FELICES VACACIÓNS E MOITÍSIMAS GRAZAS POR TODO

Hoxe foi xa o derradeiro día que fun á escola de Visantoña por este curso.

Foi un ano cargado de novos proxectos,ilusións,diferentes metas ... e so podo dicir que grazas a todos/as por facer a miña tarefa máis doada cada día, pola vosa colaboración e entrega, por todos os detalles ao longo do ano...GRAZAS POR TODO

MOITO ÁNIMO PARA O VINDEIRO CURSO; TANTO PARA OS QUE SE QUEDAN, COMA PARA OS QUE SE VAN PARA XANCEDA.

SABEDES COMO ATOPARME SE ME NECESITADES PARA CALQUERA COUSA, ALI ESTAREI.

QUE PASEDES UNHAS VACACIÓNS ESTUPENDAS TODOS/AS QUE O MERECEDES, QUE DISFRUTEDES MOITO 

 MOITA SAÚDE, TRABALLO E SORTE PARA TODO NA VIDA; TEDES UNS TESOURIÑOS COMO FILLOS/AS; COIDADEOS/AS MOITO...

...E QUE SEXADES TODOS, AINDA QUE CORRAN ESTES MALOS TEMPOS, MOI MOI MOI MOI FELICESSSSS


DEICA SEMPRE E UNHA VEZ MÁIS.....GRAZAS, GRAZAS GRAZAS...


Con moitísimo cariño:

CANDELA 



 

15.6.13

Visita enfermeiros

Ola a todos/as

O pasado xoves estiveron con nós Mª Luisa (a mamá da profe) e Paco, que traballan como enfermeiros no hospital do Meixoeiro e no hospital Xeral de Vigo respectivamente.

Viñeron a falarnos un pouquiño sobre a súa profesión, sobre cousiñas que debemos facer para coidar a nosa saúde e a darnos consellos para non ter que visitalos por nada malo






Ademáis tamén nos ensinaron que facer en caso de incendio e fixemos un pequeno simulacro

1º andar a gatas hacia unha porta para poder saír (o aire puro sempre queda abaixo xa que o fume tende a subir)

 2º tocar a porta, se está fria poderemos abrila, xa que iso quere dicir que non hai chamas ao outro lado dela


3º Unha vez liberados do fogo, botarnos a rolar por se as nousas roupas están queimadas ou teñen cabichas que poidan prender, desta forma acabaranse apagando e o noso corpo estará a salvo




Ademáis regaláronnos unhas mascarillas coma as que usan eles, e unhas xeringas sin agulla para xogar aos enfermeiros/as para cada un


Moitísimas grazas mamá e Paco,pasámolo xenial estámosvos moi agradecidos


 * Botamos moito de menos a : Iria F.P., Noé, Iria Paz e Breo que este día non puideron estar con nós

PARABENS LAURA

O pasado xoves celebramos o cumple de Laura

 Xa é unha mociña, 4 anos...

o seu papá e a súa irmá Zaira trouxéronnos un doce riquísimo, moitas grazas á familia de Laura

.
Querémoste moito Laura, que cumplas moitos máis e que sexas moi feliz


4.6.13

PARABENS ELOY


 Hoxe foi o cumple do noso Eloy

8 anoooossss, que maior.....

trouxo un montón de cousas para celebralo: esta tarta tan rica, patatillas, cacahuetes. aspitos, chocolatinas kinder, zumes..... 

MOITÍSIMAS GRAZAS A ELOY E A SÚA FAMILIA POR ESTES RICOS MANXARES

 Aqui están Eloy e Yeray coa súa mamá

Moitísimas felicidades campeón, que cumplas moitísimos máis, querémoste moito



Saída á Granxa escola de Bergando


Boas noites a todos/as

aqui vos deixo algunhas fotiños da saída á Granxa escola de Bergando
 (metereivos máis no cd de vos entregue á fin do curso; posto que iban pasando polos talleres en grupiños, as profes dividímonos para poder facer fotos a todos/as, polo que cando mas pasen xa volas dou, ainda asi conseguin colarme de vez en cando un pouquiño por cada un...jejeje)































Espero que vos gusten

MOITOS BICOS