!-- HTML Codes by allblogtools.com -->

17.3.13

Fotos da saída á Casa das abellas

O pasado venres, como sabedes, fomos de excursión á Casa das Abellas de Meangos (Abegondo).

Un lugar de visita sen dúbida moi recomendable (infórmovos de que tamén abren os sábados e organizan visitas para familias): aprendemos moitas cousas sobre a vida destes bechiños, fixemos velas, envasamos o noso tarriño de mel, vestímonos de apicultores para poder ir visitalas de forma segura, explicáronnos que debemos facer se nos pica unha abella...
 PASÁMOLO XENIAL

Aqui vos deixo as fotiños para que as poidades descargar. Dividíronos en dous grupos por idades; eu fun cos máis pequeniños/as, polo que  Sandra e as demais compañeiras xa me pasan para a semana o resto das fotografías dos maiores.


















































* Botamos de menos a Lúa e a Eloy que non puideron acompañarnos


3 comentarios:

Anónimo dijo...

Que apicultores mais feitiñ@s!!!!!!!!!!

Ana Muiño dijo...

Repito , @s apicultores son ben feitiñ@s.

PILI PEDREIRA dijo...

Parece q disfrutastes moito nesa interesante visita a CASA DAS ABELLAS. O mel q troixestes está boísimo e a veliña q fixestes ule xenial. GRACIAS CANDELA por levar os nosos nenos a sitios tan chulis, traen tanto q contar!!!!