!-- HTML Codes by allblogtools.com -->

1.3.13

English Corner

  Ola nenos/as e familias!!!

    Infórmovos de que inauguramos un novo apartado neste blogue "ENGLISH CORNER" situado na marxe dereita xusto encima dos "XOGOS TIC" no que, facendo clic nas imaxes, poderes escoitar cancións na lingua inglesa para que as poidades ver e cantar nas vosas casas. 

 Hoxe máis que nunca resulta imprescindible aprender inglés. Cada día emprégase máis en case tódalas áreas do coñecemento e desenvolvemento humano. Prácticamente, podemos afirmar que se trata da lingua do mundo actual. É, na era da globalización, a gran lingua internacional,  a que afecta máis directamente aos diversos campos e profesións. O seu coñecemento xa non pode tratarse coma un privilexio, senon que na actualidade e no futuro máis próximo trátase dunha necesidade evidente. Incluso se di, que quen non domine esta lingua estará nunha clara situación de desvantaxe. 

   Por todos/as é sabido os claros beneficios que supón a adquisición desta lingua e das súas competencias dende idades moi tempranas, polo que a pretensión deste novo espazo neste blogue é pois a de concienciar ás familias da enorme importancia desta lingua e que os nenos/as poidan continuar acostumándose ao seu son tamén desde os seus fogares.

MOITAS GRAZAS POR COLABORAR 
 
P.D. - QUERO ENGADIR TAMÉN QUE, COMO PODEDES VER NA PARTE SUPERIOR DO BLOGUE, ENGADIMOS UN EFECTO "NEVE" COMO ESTAMOS NO INVERNO...

ADEMÁIS, COLGUEI TAMÉN NA MARXE DEREITA A CANCIÓN DE VIVALDI "O INVERNO" DEBAIXO DA IMAXE DESTA ESTACIÓN,POSTO QUE A ESCOITARON HOXE NA CLASE A ÚLTIMA HORA PARA RELAXARNOS UN POUQUIÑO E GUSTOULLES TANTO QUE ME PEDIRON QUE A COLGARA.

No hay comentarios: