!-- HTML Codes by allblogtools.com -->

24.3.13

O NOSO MUSEO


Custom Glitter Text

   O día 21 de marzo, as escolas unitarias de Olas, Visantoña, Buscás e Montaos (dos concellos de Mesía e Ordes) organizaron unha exposición de arte.

   Ao longo de todo este trimestre escolar, o alumnado de cada unha destas escolas investigou sobre un artista diferente, axudado polas súas mestras e familias.

   A arte axuda a pensar creativamente, deixando finais abertos. Cando a arte está integrada a outras materias do programa escolar, os nenos/as implícanse máis nos procesos de ensinanza e aprendizaxe, posto que é algo que lles gusta e polo tanto os motiva. Extrapola recursos culturais da comunidade a aula e proporciona un medio, un piso común para atravesar estereotipos raciais, barreiras e prexuízos.

   Os artistas elixidos para traballar foron: Pablo Picasso, Joan Miró, Giuseppe Arcimboldo, Gustav Klimt e Luis Seoane.

   Finalmente, o pasado xoves, reuníronse nunha destas escolas (a unitaria de Visantoña, Mesía) para poder contar uns aos outros todo o que aprenderan sobre eles e poder ensinarlles aos demais todas as preciosas produccións que elaboraron nas súas aulas. A continuación merendaron todos xuntos para repoñer forzas e disfrutaron dunha actuación musical como colofón a esta xornada a cargo da AMPA da escola de Visantoña e a colabración das demais escolas (MOITAS GRAZAS) que estivo xenial: contáronnos contos, cantáronnos cancións, fixéronnos participar, moitos xogos...

Resultado: unha verdadeira galería de arte e unha experiencia moi enriquecedora.

ESTIVO ABERTA AO PÚBLICO DURANTE OS 3 DÍAS SEGUINTES, TIVO UNHA GRAN ACOLLIDA POSTO QUE RECIBIMOS MOITÍSIMAS VISITAS.

MOITÍÍÍÍÍSIMAS GRAZAS A TODOS/AS, ESTAMO MOI EMOCIONADOS/AS !!!

AQUI VOS DEIXO ALGUNHAS FOTIÑOS


ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA MOITO

2 comentarios:

PILI PEDREIRA dijo...

Q BONITA EXPOSICIÓN!!!! Da gusto ver canto traballades e q ben o facedes. Gustoume tanto todo:os paraaugas son chulísimos, os retratos, as pinturas....todo tan fermoso! Dende logo q é digno de expoñer nun museo ou en calquer galeria de arte. SODES VERDADEIROS XENIOS. NORABOA!!!!!!

PILI PEDREIRA dijo...

XA SE NOTA Q O PASASTES XENIAL CON ESAS MOZAS Q VOS AGASALLARON CON TANTA DIVERSIÓN.A VERDADE É QUE O TÍÑADES MAIS Q MERECIDO POR TANTO Q TRABALLASTES PREPARANDO A EXPOSICIÓN. SEGUIDE ASI!!!!!