AS CLASES DE TICA E TAPO
Blogue das escolas unitarias de Olas e Visantoña
デコメ
!-- HTML Codes by allblogtools.com -->
27.3.13
MANDALAS
Ola familias!
Infórmovos que xa están á vosa disposición os apartados sobre
MANDALAS
que vos comentei nas reunións.
Tedes un pequeno artigo sobre os seus beneficios e debaixo, unha páxina de mandalas para colorear.
Están situados na marxe esquerda do blogue; debaixo de
ENLACES DE INTERÉS PARA AS FAMILIAS.
24.3.13
IMONOS DE VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
Custom Glitter Text
O pasado venres, como era o último día de escola antes das
vacacións de Semana Santa, maquillámonos de coelliños de pascua axudados pola profe de inglés.
MOITAS GRAZAS SANDRAAAA
ASI DE GUAPÍSIM@S QUEDAMOS
Ademais levamos todos os nosos traballiños d
este 2º
trimestre metidiños nas nosas bolsas decoradas para a
ocasión
Esperamos que vos gustaran todos.
Que teñades, nen@s e familias, moi boas vacacións e disfrutes moito.
VÉMONOS Á VOLTA
Déixo
vos xogos TIC relacionados para que vos div
irtades:
P.D.-
Mirad
e ben o blogue
, caen floreeeessss
..xa chegou a primavera
. Deixeivos
tamén na marxe dereita unha
bonita imaxe desta estación e debaixo unha canción moi pegadiza.
Biquiños.
O NOSO MUSEO
Custom Glitter Text
O día 21 de marzo, as escolas unitarias de Olas, Visantoña, Buscás e Montaos (dos concellos de Mesía e Ordes) organizaron unha exposición de arte.
Ao longo de todo este trimestre escolar, o alumnado de cada unha destas escolas investigou sobre un artista diferente, axudado polas súas mestras e familias.
A arte axuda a pensar creativamente, deixando finais abertos. Cando a arte está integrada a outras materias do programa escolar, os nenos/as implícanse máis nos procesos de ensinanza e aprendizaxe, posto que é algo que lles gusta e polo tanto os motiva. Extrapola recursos culturais da comunidade a aula e proporciona un medio, un piso común para atravesar estereotipos raciais, barreiras e prexuízos.
Os artistas elixidos para traballar foron: Pablo Picasso, Joan Miró, Giuseppe Arcimboldo, Gustav Klimt e Luis Seoane.
Finalmente, o pasado xoves, reuníronse nunha destas escolas (a unitaria de Visantoña, Mesía) para poder contar uns aos outros todo o que aprenderan sobre eles e poder ensinarlles aos demais todas as preciosas produccións que elaboraron nas súas aulas. A continuación merendaron todos xuntos para repoñer forzas e disfrutaron dunha actuación musical como colofón a esta xornada a cargo da AMPA da escola de Visantoña e a colabración das demais escolas (MOITAS GRAZAS) que estivo xenial: contáronnos contos, cantáronnos cancións, fixéronnos participar, moitos xogos...
Resultado: unha verdadeira galería de arte e unha experiencia moi enriquecedora.
ESTIVO ABERTA AO PÚBLICO DURANTE OS 3 DÍAS SEGUINTES, TIVO UNHA GRAN ACOLLIDA POSTO QUE RECIBIMOS MOITÍSIMAS VISITAS.
MOITÍÍÍÍÍSIMAS GRAZAS A TODOS/AS,
ESTAMO MOI EMOCIONADOS/AS
!!!
AQU
I
VOS DEIXO ALGUNHAS FOTIÑOS
ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA MOITO
17.3.13
Fotos da saída á Casa das abellas
O pasado venres, como sabedes, fomos de excursión á Casa das Abellas de Meangos (Abegondo).
Un lugar de visita sen dúbida moi recomendable (infórmovos de que tamén abren os sábados e organizan visitas para familias): aprendemos moitas cousas sobre a vida destes bechiños, fixemos velas, envasamos o noso tarriño de mel, vestímonos de apicultores para poder ir visitalas de forma segura,
explicáronnos
que debemos facer se nos pica unha abella
...
PASÁMOLO XENIAL
Aqui vos deixo as fotiños para que as poidades descargar. Dividíronos en dous grupos por idades; eu fun cos máis pequeniños/as, polo que Sandra e as demais compañeiras xa me pasan para a semana o resto das fotografías dos maiores.
* Botamos de menos a Lúa e a Eloy que non puideron acompañarnos
Entradas más recientes
Entradas antiguas
Inicio
Suscribirse a:
Entradas (Atom)