Estes días demos o pistoletazo de saída ao noso proxecto de traballo sobre
Joan Miró
¿POR QUE ESTE PINTOR?
Considero que se hai un artista que conecte de forma significativa co
mundo infantil, ese é Miró. As súas obras despertan a súa imaxinación e son as que máis
se acercan ao entorno dun nenos/a. A súa"facilidade" de imitación e de representación, estimúlaos moito para que eles/elas mesmos/as poidan
ser capaces de crear as súas propias obras.
Por medio de diferentes actividades e talleres, coñeceremos a este artista; relacionándoo con tódalas áreas das diferentes etapas educativas que conviven na aula.
Por medio de diferentes actividades e talleres, coñeceremos a este artista; relacionándoo con tódalas áreas das diferentes etapas educativas que conviven na aula.
O primeiriño que fixemos foi buscar un lugar axeitado no cole onde poder reunirnos a falar sobre el, e ali establecemos o noso recanto sobre Joan. Un lugar no que depositariamos todo o que atopasemos sobre este famoso artista.
A continuación, comezamos o noso proxecto paso a paso:
1.Falamos sobre o que del sabiamos
2.Que queriamos saber
3. E onde poderiamos buscar as respostas as nosas inquedanzas
(Eles foron aportando as ideas e plasmándoas no papel coa miña axuda)
Todos/as fixeron os seus carnés de investigadores/as, cos que cada portador/a comprométese a implicarse no proxecto
Tamén estamos a pedir colaboración as familias para que nos axuden a buscar cousiñas sobre el.
Chegaron unha chea de cousas e de comentarios. Milleiros de grazas!; asi podemos ir respondendo ás nosas propias preguntas, encher cada día un pouquiño máis o noso recanto, descubrindo miles de cousas sobre Miró que non sabiamos, relacionando coñecementos...
Ademáis onte, os maiores comezaron o taller de pintura dos seus vellos paraugas "ao estilo Miró".
(Estámoslle dando unha primeira capa ao fondo para tapar os estampados e as cores propias dos paraugas)
É MOI DIVERTIDO!!!
Hoxe empezaron tamén algúns pequeniño/as, xa vos irei mostrando as fotos.
É un traballo laborioso, polo que o vamos facendo en pequenos grupiños.
ATA AQUI A 1º PARTE DESTE PROXECTIÑO QUE POUCO A POCO VOS IREMOS ENSINANDO.
1 comentario:
Ola a todos.Os investigadores do cole de Visantoña,aportando as suas credenciais cos seus carnés feitos por eles, están demostrando unha vez mais q son unhos verdadeiros artistas. Mándovos un saúdo a todos xa q me tedes alucinada co voso traballo,a exposición de Inverno está qedando moi chula e o recuncho de Joan Miró cada dia medra e medra... Noraboa. Grazas Candela, por estimular esas mentes tan despertas. Eu estou aprendendo moito co q ti lles ensinas ós nenos. BICOTES.
Publicar un comentario