SAÍMOS NO XORNAL :)
Onte, na reunión semanal que facemos as profes das unitarias, tiven unha moi grata sorpresa.
A profe Pili de Buscás, tróuxome o novo periódico da comarca de Ordes "Crónicas da comarca" do mes de decembro; nel sae unha fotografía nosa do día que fomos visitar as ruínas do castelo de Mesía, e explica todo o que fixemos durante a xornada (por onde paseamos, que merendamos na escola de Visantoña todos/as xuntos/as...)
Sorprendeunos moito a todas,posto que ningunha de nós enviou ningunha fotografía a este xornal.
De tódolos xeitos, estamos encantados/as de que este tipo de novas saian nos xornais (non todo van ser novas malas na prensa!) e por suposto de que, coma neste caso, nós sexamos os/as protagonistas!
Os nenos/as aínda non o saben, mañá dareilles a sorpresa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario