!-- HTML Codes by allblogtools.com -->

16.1.13

PROXECTO MIRÓ (1º Parte)

Estes días demos o pistoletazo de saída ao noso proxecto de traballo sobre 

 Joan Miró

¿POR QUE ESTE PINTOR?

Considero que se hai un artista que conecte de forma significativa co mundo infantil, ese é Miró. As  súas obras despertan a súa imaxinación e son as que máis se acercan ao entorno dun nenos/a. A  súa"facilidade" de imitación e de representación, estimúlaos moito para que eles/elas mesmos/as poidan ser capaces de crear as súas propias obras.
Por medio de diferentes actividades e talleres, coñeceremos a este artista; relacionándoo con tódalas áreas d
as diferentes etapas educativas que conviven na aula.


O primeiriño que fixemos foi buscar un lugar axeitado no cole onde poder reunirnos a falar sobre el, e ali establecemos o noso recanto sobre Joan. Un lugar no que depositariamos todo o que atopasemos sobre este famoso artista.

 A continuación, comezamos o noso proxecto paso a paso:

1.Falamos sobre o que del sabiamos   
2.Que queriamos saber 
3.  E onde poderiamos buscar as respostas as nosas inquedanzas

(Eles foron aportando as ideas e plasmándoas no papel coa miña axuda)

 


Todos/as fixeron os seus carnés de investigadores/as, cos que cada portador/a comprométese a implicarse no proxecto 




   Tamén estamos a pedir colaboración as familias para que nos axuden a buscar cousiñas sobre el.  

Chegaron unha chea de cousas e de comentarios. Milleiros de grazas!; asi podemos ir respondendo ás nosas propias preguntas, encher cada día un pouquiño máis o noso recanto, descubrindo miles de cousas sobre Miró que non sabiamos, relacionando coñecementos...



Ademáis onte, os maiores comezaron o taller de pintura dos seus vellos paraugas "ao estilo Miró".  

(Estámoslle dando unha primeira capa ao fondo para tapar os estampados e as cores propias dos paraugas)

É MOI DIVERTIDO!!!





Hoxe empezaron tamén algúns pequeniño/as, xa vos irei mostrando as fotos. 
É un traballo laborioso, polo que o vamos facendo en pequenos grupiños.

 ATA AQUI A 1º PARTE DESTE PROXECTIÑO QUE POUCO A POCO VOS IREMOS ENSINANDO. 



 


1 comentario:

PILI PEDREIRA dijo...

Ola a todos.Os investigadores do cole de Visantoña,aportando as suas credenciais cos seus carnés feitos por eles, están demostrando unha vez mais q son unhos verdadeiros artistas. Mándovos un saúdo a todos xa q me tedes alucinada co voso traballo,a exposición de Inverno está qedando moi chula e o recuncho de Joan Miró cada dia medra e medra... Noraboa. Grazas Candela, por estimular esas mentes tan despertas. Eu estou aprendendo moito co q ti lles ensinas ós nenos. BICOTES.