!-- HTML Codes by allblogtools.com -->

15.6.13

Visita enfermeiros

Ola a todos/as

O pasado xoves estiveron con nós Mª Luisa (a mamá da profe) e Paco, que traballan como enfermeiros no hospital do Meixoeiro e no hospital Xeral de Vigo respectivamente.

Viñeron a falarnos un pouquiño sobre a súa profesión, sobre cousiñas que debemos facer para coidar a nosa saúde e a darnos consellos para non ter que visitalos por nada malo






Ademáis tamén nos ensinaron que facer en caso de incendio e fixemos un pequeno simulacro

1º andar a gatas hacia unha porta para poder saír (o aire puro sempre queda abaixo xa que o fume tende a subir)

 2º tocar a porta, se está fria poderemos abrila, xa que iso quere dicir que non hai chamas ao outro lado dela


3º Unha vez liberados do fogo, botarnos a rolar por se as nousas roupas están queimadas ou teñen cabichas que poidan prender, desta forma acabaranse apagando e o noso corpo estará a salvo




Ademáis regaláronnos unhas mascarillas coma as que usan eles, e unhas xeringas sin agulla para xogar aos enfermeiros/as para cada un


Moitísimas grazas mamá e Paco,pasámolo xenial estámosvos moi agradecidos


 * Botamos moito de menos a : Iria F.P., Noé, Iria Paz e Breo que este día non puideron estar con nós

1 comentario:

Monika Manteiga dijo...

Que experiencia tan divertida e práctica para os nenos. Xenial