!-- HTML Codes by allblogtools.com -->

23.4.13

23 DE ABRIL


  Hoxe, con motivo da celebración do día do libro, fomos invitados a visitar a Biblioteca Municipal de Ordes; onde puidemos ler algunhas das tradicións elaboradas coas familias para o noso gran Libro Viaxeiro de Tradicións Galegas que xusto rematamos a semana pasada.

A nosa guía foi Ana, a bibliotecaria. Que nos vai enviar ao cole os carnés de socios da Biblioteca, para que poidamos coller libros sempre que queiramos.

 MOITAS GRAZAS ANA

Ademáis, para que ali quedase tamén un recordo noso, déronnos plastilina e propuxéronnos reproducir con este material distintas cousiñas que puideran sair nos libros. 
 O resultado foi un bonito panel cuberto de : letras,palabras, animais, flores...

Aqui vos deixo algunhas fotografías








 A continuación, merendamos ao aire libre; xa que facía unha preciosa mañá






E por se esto fose pouco, decidimos tamén aproveitar a saída para visitar á Policía Local de Ordes e a Cruz Vermella.

Ambos explicáronnos a súa labor, deixáronnos probar todas as súas ferramentas de traballo e os que se atreveron mesmo puideron montar no coche de Policía. Moitas grazas 













 A verdade é que foi un día moi completo e estupendo; ademáis portáronse xenial

  
MOITOS BIQUIÑOS E...

 

1 comentario:

PILI PEDREIRA dijo...

Q día tan xenial pasastes! Non me extraña q viñérades tan cansos. Pasastelo tan ben!!