!-- HTML Codes by allblogtools.com -->

10.12.12

PANXOLIÑAS "MODERNAS"



villancicos

modernos

Ante as numerosas peticións dos nenos/as, xa poño á vosa disposición as dúas panxoliñas "modernas" (como eles/elas as denominan) que estamos cantando estes días na aula. 

 Parecéronme moi bonitas porque se alonxan un pouco das panxoliñas convencionais (que xa saben de memoria sen reparar no seu contido), polo seu ritmo pegadizo e polo contido da súas letras.

A miña idea era colgalas con todo o conxunto de actividades sobre o Nadal, pero gústanlles tanto...que aqui van!

Así poderán escoitalas sempre que queiran
(lembrade parar a música de fondo do blogue)

 "LA LUZ QUE NACE EN TI" - LA OREJA DE VAN GOGH (CASTELÁN)

"ANO NOVO CON BEN VEÑAS"- MAMÁ CABRA (GALEGO) 


Espero que vos gusten! 

 


1 comentario:

Iria Fariña dijo...

Ola compis, ola Candela. Como sabedes estiven moi maliña,agora estou un pouco mellor e se a pediatra me deixa logo estarei con vós.Pero aproveito para darvos as grazas porque con estos xogos e panxoliñas q temos no blogue cando me atopei con algo de moral puden xogar algo e intentar aprender para poder cantar con vos cando volva.Espero vervos pronto. BICOS a todos.