!-- HTML Codes by allblogtools.com -->

15.11.12

TIC



Custom Glitter Text


 
INAUGURAMOS UN NOVO APARTADO NESTE BLOGUE: XOGOS TIC 

( Á ESQUERDA DEBAIXO DOS "NOSOS SEGUIDORES")

Coma no cole ás veces non nos queda tempo material para poder xogar na PDI (ou polo menos non tanto como nos gustaría), aqui vos deixo xogos de ordenador para que os nenos/as o poidan facer tamén na casa; de momento trátase dunha escolma pequeniña, pouco a pouco irei subindo máis.

Estos son un moi bo recurso para traballar múltiples aspectos (agudeza visual e auditiva, alfabetización dixital, mellora da motricidade...) e como non, para aprender divertíndose. 

(Lembrade parar a música do blogue cando vaiades xogar para que non se solapen os sons)

 ESPERO QUE VOS GUSTEN!

 
Custom Glitter Text

3 comentarios:

Monika dijo...

Os pais e nais estamos recibindo cada dia felicitacions polo maravilloso blogue do cole de Visantoña ao que nós respondemos que as felicitacions son para unha profe maravillosa, super-traballadora e con moitisima vocacion que en apenas tres meses se gañou a admiracion e o cariño non só dos nenos senon de pais, nais, avos, tios, primos e media parroquia mais. Estamos moi contentos de que todo o mundo fale deste blogue , do noso colexio e sobretodo para demostrarlle a moita xente que a ensinanza nunha unitaria non lle envexa nada a ningun outro colexio...e paro que xa me enrollei dabondo, jajaja. Saudiños a todos!

PILI PEDREIRA dijo...

Estou totalmente dacordo co que comenta Monika.Na parroquia de Visantoña non se fala doutra cousa q da cantidade de tarefas q fan os nosos nenos,parece mentira q tendo tantos esta mestra sexa capaz de q aprendan todo nos seus libros e o mesmo tempo moitas cousas mais q antes non coñecían.Son os nenos ó chegar a casa, contando emocionados todo o q fixeron, os q demostran a eficacia,o cariño e a gran dedicación de Candela.E para mostra está o blogue.Deixaría á miña filla con esta mestra toda a sua etapa escolar porq estou segura q aprendería a ser traballadora e boa persoa.Grazas pola tua gran dedicación.Bicos

Candela-María dijo...

Moitísimas grazas de todo corazón polas vosas verbas e o voso apoio incodicional.