



Conversando na aula sobre o que máis nos gusta facer no cole...as respostas maioritarias foron: pintar, facer debuxos, facer cadros....
Por que non aproveitar ese interese para traballar a arte?
Ademáis (20 razóns polas que traballar a arte na escola):
1. A arte estimula ambos lados do cerebro.
2. O 33% dos nenos son aprendices visuais.
3. Numerosos estudios afirman que os nenos que fan arte len mellor.
4. Os nenos aprenden usando os seus sentidos e a arte é ideal neste proceso.
5. Os nenos necesitan un lugar na escola para expresarse.
6. A arte promove a autoestima.
7. A arte estimula aos nenos a prestar máis atención ao espacio físico que lles rodea.
8. Estimula a coordinación entre os ollos e as mans.
9. Estimula o desenvolvemento perceptivo.
10. Ensina a pensar deixando finais abertos. Representa unha cultura de preguntas máis ca unha cultura de respostas.
11. Ensínanos que pode haber máis dunha solución para un problema.
12.Ensina a pensar creativamente.
13. Os nenos poden compartir e reflexionar sobre os seus traballos artísticos e aprender algo de sí mesmos e do mundo no que viven.
14. Cando a arte está integrada a outras materias do programa escolar os nenos/as se implícanse máis no proceso de aprendizaxe, porque é algo que lles gusta.
15. No proceso de facer arte, o nenos/a está exposto a diferentes posibilidades, ao descubrimento, e a la liberdade, de esta maneira evítase caer no control e predictibililidade que tanto impera na educación convenciona.
16.A arte nutre a alma humana.
17. Extrapola recursos culturais da comunidade á aula.
18.Posibilita que as familias se involucren na escola invitándoas a participar en diversas actividades.
19.Proporciona un medio, un piso en común para atravesar estereotipos raciais, barreiras e prexuízos.
20.A arte é valiosa por sí misma.
Vincent van Gogh:
"Que sería da vida se non tiveramos o valor de intentar algo?."
"Que sería da vida se non tiveramos o valor de intentar algo?."
Falando, falando...descubrimos que o que verdadeiramente nos interesa é a pintura. Por este motivo enseguida nos puxemos "mans á obra" (nunca mellor dito) e fixemos as nosas primeiras creacións:
ESTAMPACIÓN CON ESPONXAS
E ESTES FORON ALGÚNS DOS RESULTADOS.
A QUE PARECEN DIGNOS DE SER EXPOSTOS NUN MUSEO?
XA VOS IREMOS MOSTRANDO POUQUIÑO A POUQUIÑO TODAS AS NOSAS OBRAS
7 comentarios:
eeritPero bueno,vaia cadros mais orixinais.Candela tes razón que son obras de arte.Xa me contaredes onde expoñedes e vendedes que me puxen a aforrar para mercar algún. Seguide asi que sodes verdadeiros artistas.BICOTES A TODOS
Por certo todo o meu apoio a CANDELA q con tantos nenos e de distintas edades é capaz de facer todas estas cousas.OLE polas unitarias,o que conta son as ganas dos mestres é nos temos unha verdadeira xoia.Haberá coles deses chamados grandes onde se fagan tantas cousiñas como na nosa escola,pero non penso que nos superen en ningún.
A Jati:
Pero que cousas mais chulas fan as miñas primar Iria e Selma.
bicos.
Ola Jati!!!!! non sabes o ledas que se puxeron as tuas primas o saber que che gustaban as suas tarefas.Que pena que vivas lonxe porque o pasarías xenial con elas, cos seus compis e ca profe Candela. MOITOS BICOTES!!!
Eu tamen quero un cadro deses! Como me gustan!!! Noraboa a todo-los artistas do cole de Visantoña.
Estou dacordo contigo Pili, e haberá coles con bos mestres pero nós temos unha xoia. Biquiños pra todos.
MOITAS MOITAS GRAZAS! :)
Por certo, Albert Einstein dixo: "la imaginación es tan importante como el conocimiento". E os nenos deste cole seguro que ademáis de aprender van a desenrolar ao máximo a sua imaxinación e a aprender a participar activamente nos traballos en grupo. Noraboa Candela, cada día déixasnos abraiados.
Publicar un comentario