!-- HTML Codes by allblogtools.com -->

26.4.13

PROXECTO CHINA

Arrancamos 
co noso proxectiño sobre 
 CHINA

Esta será a porta da nosa PAGODA (casa china)

Decorámola entre todos/as e nela traballaremos sobre o proxecto


PARA COMEZAR A INVESTIGAR, 

 PARTIREMOS DO QUE OS NENOS/AS XA COÑECEN SOBRE CHINA E TAMÉN DO QUE, POLA CONTRA,DESCOÑECEN E LLES GUSTARÍA AVERIGUAR

(EU LIMITEIME A REXISTRAR O QUE ELES/ELAS ME IBAN DICINDO; SAÍRON COUSAS MOI INTERESANTES;A QUE SI? )


  
Xa descubrimos que os seus abanicos chámanse : PAI-PAI
e xa fixemos os nosos propios


PERO QUEDA MOITO POR FACER... TODA UNHA NOVA CULTURA POR DESCUBRIR...

A INVESTIGAARRRR 
 


SAIMOS EN DISTINTOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

BOAS TARDES A TODOS/AS

 Quero comunicarvos que saímos na edición do mes de abril do xornal CRÓNICAS DA COMARCA coa nosa exposición. 

Moitas grazas Pili (nai de Carme), por enviarlles o arquivo. Estou moi contenta xa que aparece tal e como o escribín. Moitas grazas.

 Se alguén está interesado en que lle envie o xornal completo en formato dixital avisádesme e pásovos o arquivo por se o queredes ter de recordo, xa que as edicións impresas deterióranse con facilidade.

Tamén aparece na páxina co concello de Ordes e no blogue de Radio Ordes
a nosa visita á Bilblioteca, Policía Local e Cruz Vermella

Para ver a noticia completa na páxina do Concello de Ordes

 

 Para ver a noticia completa no blogue de Radio Ordes 
   


MOITOS BIQUIÑOS

23.4.13

23 DE ABRIL


  Hoxe, con motivo da celebración do día do libro, fomos invitados a visitar a Biblioteca Municipal de Ordes; onde puidemos ler algunhas das tradicións elaboradas coas familias para o noso gran Libro Viaxeiro de Tradicións Galegas que xusto rematamos a semana pasada.

A nosa guía foi Ana, a bibliotecaria. Que nos vai enviar ao cole os carnés de socios da Biblioteca, para que poidamos coller libros sempre que queiramos.

 MOITAS GRAZAS ANA

Ademáis, para que ali quedase tamén un recordo noso, déronnos plastilina e propuxéronnos reproducir con este material distintas cousiñas que puideran sair nos libros. 
 O resultado foi un bonito panel cuberto de : letras,palabras, animais, flores...

Aqui vos deixo algunhas fotografías








 A continuación, merendamos ao aire libre; xa que facía unha preciosa mañá






E por se esto fose pouco, decidimos tamén aproveitar a saída para visitar á Policía Local de Ordes e a Cruz Vermella.

Ambos explicáronnos a súa labor, deixáronnos probar todas as súas ferramentas de traballo e os que se atreveron mesmo puideron montar no coche de Policía. Moitas grazas 













 A verdade é que foi un día moi completo e estupendo; ademáis portáronse xenial

  
MOITOS BIQUIÑOS E...

 

21.4.13

Traballiños de Miró

Infórmovos de que o luns, os nenos/as levarán para as súas casas os traballiños do proxecto Miró. 

Coincidindo asi coas datas do aniversario do nacemento deste pintor (20 de abril)


* Os recolle cortinas que elaboramos, irán provistos dun clip para que os poidades colocar nas cortinas das súas habitacións ou donde consideredes oportuno. 
Eliximos este sistema xa que asi será posible adaptalos a calquer grosor de cortina.

MOITOS BICOS

17.4.13

Primavera


Por fin, podemos afirmar que chegou a tan ansiada PRIMAVERA
e como non podía ser menos, colouse na nosa escola
 
fixemos moitas cousiñas,mirade mirade... 

EXPOSICIÓN DE "COUSAS DE PRIMAVERA" QUE FIXEMOS NO COLE E QUE TROUXEMOS DAS CASAS DESPOIS DE ESTAR INVESTIGANDO


 


(NOS BOTES PEQUENIÑOS PLANTAMOS CALABACÍNS, E NOS GRANDES CABAZAS)



POSAMOS NO NOSO RECANTO DA PRIMAVERA ANTES DE SAIR DO COLE




E AÍNDA QUE TEMOS PENSADO FACER ALGUNHA COUSIÑA MÁIS...

HOXE AQUI  TEDES POR ÚLTIMO AS FLORES MÁIS BONITAS DO MUNDOOOOO




MOITOS BICOS E MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POR COLABORAR

FELIZ  PRIMAVERA