!-- HTML Codes by allblogtools.com -->

27.3.13

MANDALAS

Ola familias!

   Infórmovos que xa están á vosa disposición os apartados sobre MANDALAS que vos comentei nas reunións.

   Tedes un pequeno artigo sobre os seus beneficios e debaixo, unha páxina de mandalas para colorear. 

Están situados na marxe esquerda do blogue; debaixo de ENLACES DE INTERÉS PARA AS FAMILIAS.

24.3.13

IMONOS DE VACACIÓNS DE SEMANA SANTA


Custom Glitter Text

O pasado venres, como era o último día de escola antes das vacacións de Semana Santa, maquillámonos de coelliños de pascua axudados pola profe de inglés.
                            
      MOITAS GRAZAS SANDRAAAA

        ASI DE GUAPÍSIM@S QUEDAMOS





 
Ademais levamos todos os nosos traballiños deste 2º trimestre metidiños nas nosas bolsas decoradas para a ocasión



Esperamos que vos gustaran todos.

Que teñades, nen@s e familias, moi boas vacacións e disfrutes moito.

VÉMONOS Á VOLTA 
  
Déixovos xogos TIC relacionados para que vos divirtades:



P.D.- Mirade ben o blogue, caen floreeeessss..xa chegou a primavera. Deixeivos tamén na marxe dereita unha bonita imaxe desta estación e debaixo unha canción moi pegadiza. Biquiños.


O NOSO MUSEO


Custom Glitter Text

   O día 21 de marzo, as escolas unitarias de Olas, Visantoña, Buscás e Montaos (dos concellos de Mesía e Ordes) organizaron unha exposición de arte.

   Ao longo de todo este trimestre escolar, o alumnado de cada unha destas escolas investigou sobre un artista diferente, axudado polas súas mestras e familias.

   A arte axuda a pensar creativamente, deixando finais abertos. Cando a arte está integrada a outras materias do programa escolar, os nenos/as implícanse máis nos procesos de ensinanza e aprendizaxe, posto que é algo que lles gusta e polo tanto os motiva. Extrapola recursos culturais da comunidade a aula e proporciona un medio, un piso común para atravesar estereotipos raciais, barreiras e prexuízos.

   Os artistas elixidos para traballar foron: Pablo Picasso, Joan Miró, Giuseppe Arcimboldo, Gustav Klimt e Luis Seoane.

   Finalmente, o pasado xoves, reuníronse nunha destas escolas (a unitaria de Visantoña, Mesía) para poder contar uns aos outros todo o que aprenderan sobre eles e poder ensinarlles aos demais todas as preciosas produccións que elaboraron nas súas aulas. A continuación merendaron todos xuntos para repoñer forzas e disfrutaron dunha actuación musical como colofón a esta xornada a cargo da AMPA da escola de Visantoña e a colabración das demais escolas (MOITAS GRAZAS) que estivo xenial: contáronnos contos, cantáronnos cancións, fixéronnos participar, moitos xogos...

Resultado: unha verdadeira galería de arte e unha experiencia moi enriquecedora.

ESTIVO ABERTA AO PÚBLICO DURANTE OS 3 DÍAS SEGUINTES, TIVO UNHA GRAN ACOLLIDA POSTO QUE RECIBIMOS MOITÍSIMAS VISITAS.

MOITÍÍÍÍÍSIMAS GRAZAS A TODOS/AS, ESTAMO MOI EMOCIONADOS/AS !!!

AQUI VOS DEIXO ALGUNHAS FOTIÑOS


ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA MOITO

17.3.13

Fotos da saída á Casa das abellas

O pasado venres, como sabedes, fomos de excursión á Casa das Abellas de Meangos (Abegondo).

Un lugar de visita sen dúbida moi recomendable (infórmovos de que tamén abren os sábados e organizan visitas para familias): aprendemos moitas cousas sobre a vida destes bechiños, fixemos velas, envasamos o noso tarriño de mel, vestímonos de apicultores para poder ir visitalas de forma segura, explicáronnos que debemos facer se nos pica unha abella...
 PASÁMOLO XENIAL

Aqui vos deixo as fotiños para que as poidades descargar. Dividíronos en dous grupos por idades; eu fun cos máis pequeniños/as, polo que  Sandra e as demais compañeiras xa me pasan para a semana o resto das fotografías dos maiores.


















































* Botamos de menos a Lúa e a Eloy que non puideron acompañarnos